19/03/2012

A CORUÑA

Representantes das setenta entidades integradas no Foro Galego de Inmigración mostraron onte na Coruña o seu rexeitamento ao «acoso» que veñen sufrindo nos últimos meses comunidades xitanas da Coruña, Lugo e Pontevedra. Coincidindo coa celebración da terceira asemblea sobre inmigración e emigración de retorno, o foro solidarizouse coas familias afectadas polo que cualificaron de «actitudes claras de racismo, puro e duro», en palabras do presidente do colectivo, Miguel Fernández.

Durante toda a mañá, representantes das 70 entidades acordaron elevar diferentes propostas ás Administracións para corrixir as desigualdades.

Antes da celebración de distintas actuacións multiculturais e o desenvolvemento dun xantar, o Foro Galego de Inmigración deu lectura a un manifesto para alertar de que, «coa escusa de combater a inmigración clandestina, os Gobernos están a adoptar políticas represivas», sosteñen.

Sem comentários:

Enviar um comentário